domingo, 22 de julio de 2012

Día de excursión cultural

Onte estivemos todo o día fora do campamento. Fixemos unha excursión cultural e recorrimos case media Galicia!!

Primeiro estivemos na Cidade da Cultura. Déronnos unha pequena explicación e despois visitámola. Coincidimos cunha exhibición de skate, bmx, breakdance...




Despois de estar na Cidade da Cultura, visitamos o mirador da Curota. Unhas vistas espectaculares da ría de Arousa!! O equipo de monitores aproveitou para facer unha foto de grupo.


Logo da Curota, comimos no dolmen de Axeitos, previamente, coma non, dunha explicación.


Descansamos e repousamos un pouquiño, e fixemos unha visita ás dunas de Corrubedo


Para rematar a xornada, estivemos no pobo de Porto do Son. Fixemos un xogo de cidade e tivemos un pouquiño de tempo libre.



1 comentario:

  1. menudo dia con los amigos en la visita cultural y una pasada en santiago en la ciudad de la cultura

    ResponderEliminar